venres, 26 de maio de 2017

Sube-Subes para soñar


Inspirado nun xogo tradicional popular, temos estas reproduccións de peto para levar a onde queiras o para poñer na habitación.
A esencia é a mesma, o que o fai diferentes son os soños pintados a mán en cada un deles, todos iguais, todos diferentes.


Mikado

E non podía faltar na nosa colección de xogos o xa famoso Mikado, adictivo xogo para varios xogadores no que poñer a proba o pulso e a concentración.


martes, 2 de maio de 2017

Gorro celta

Agora que o Arde Lucus está a volta da esquina, queremos compartir con vós este gorro que fixemos o ano pasado por encarga. A lá é natural 100%, sen tintes, sen costuras, feito a man ao máis puro estilo castrexo, polo que é ideal para as recreacións máis fieis e esixentes.
E lembrade, o que protexe do frio protexe da calor!


martes, 25 de abril de 2017

Mankala


É un xogo de orixe africano, onde se xogan importantes torneos multitudinarios, aínda que tamén ten variantes en Asia. Tamén se lle chama "sementar e colleitar", polos movementos que se fai coas fichas-sementes. Aínda que poda parecer moi sinxelo, é un xogo de estratexia moi adictivo.





Senet



 O senet é un dos xogos de taboleiro máis antigos que se coñecen. É orixinario do antigo exipto, e a súas característica que máis chama a atención son os dados, xa que consisten en catro pauciños.
É un xogo divertido para xogar en parellas, tendo similitudes coa oca, ou o parchís.

madeira de castiñeiro + talla + pintado a mán